Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Blanco Amor, Eduardo

Xente ao lonxe

Un espectacular mosaico de voces e de historias na cidade mítica de Auria. Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo. Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panóramica social ao primeiro plano individual. Alegato en favor dos desherdados, Xente ao lonxe é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 356 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-557-5 |