Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

GARCIA BARROS, MANUEL

Estampas desde o val. Artigos xornalísticos 1901-1963

Recolle unha selección de artigos de temática heteroxénea que Manuel García Barros deu á prensa entre 1901 e 1963, coa pretensión de ofrecer un panorama amplo da súa produción xornalística, fundamental para un mellor coñecemento do seu pensamento, moitas veces esquecido e silenciado, e que non deixa de ser un elo máis na cadea da nosa Historia desde a óptica e protagonismo dun galeguista “carente de xestos inúteis, pero co alento aquecido por unha baril actitude de cerne galeguidade”, como o definiu o seu amigo e compañeiro de estadía no cárcere, Francisco Fernández del Riego.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 204 |
  • Dimensións: 133x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-454-1 |