O Axolote e outros contos de bestas e auga
PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2020
Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.
A auga e os animais tamén outras bestas cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra conmovernos en cada relato.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 132 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9151-572-2 |