Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Iglesias, Xosé

Nación Mar

Os pobos do mar, todos, sen distinción, son un na súa diversidade cando se enfrontan ao entorno que lles trae a vida e, en moitas ocasións, a morte.Os seres mariños poden ser cazadores ou presas, e as dúas cousas ao mesmo tempo. Sempre misteriosos, como o mundo que habitan. As sabias culturas ancestrais nunca os esquecen e por iso nas súas narracións anímannos a coñecelos, respectalos e mesmo imitalos para alcanzar o éxito na eterna loita pola supervivencia.Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións
  • Editorial: Bululu |
  • Páxinas: 80 |
  • Dimensións: 245x165 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-18667-01-5 |