Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

OTERO RODRÍGUEZ, PABLO

Parece unha formiga

Parece unha formiga, pero é unha mancha,
é unha mancha, pero parecen pegadas,
parecen pegadas, pero son restos dunha festa,
son restos dunha festa, pero parecen os meus lunares,
parecen os meus lunares, pero é un 8 esmagado…
Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental…
“Parece unha formiga” é un conxunto de textos ilustrados,
ou de ilustracións que deviron en ideas, palabras, frases encadeadas que medran en intensidade e riqueza a cada páxina. Nesta nova obra como escritor e artista, Pablo Otero recréase
en verbalizar pensamentos, airear os recunchos esquecidos
do subconsciente, sen reparo -dende a liberdade e o desafío-
a chamar cousas ás cousas. O autor e ti na confianza dunha mesa compartida nun café ou na cercanía dun paseo a carón do río,
que é tanto como dicir na intimidade do papel. Porque este libro quere ir contigo, na túa carteira ou no teu peto, respirar o aire
que respiras, ir ao ritmo dos teus pasos, mimetizarse coa túa pel.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 150x235 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-16721-45-0 |