Anne, a de Tellas Verdes
Matthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pencada de once anos chamada Anne Shirley é enviada cos irmáns. Mentres que Matthew acolle
instantaneamente a Anne, Marilla non está segura de quedar con ela. Con todo, a alegre e sumamente imaxinativa Anne transforma gradualmente a triste vida
do tímido Matthew e a melindrosa Marilla, que chegan a vela como unha filla.
A novela, publicada en 1908 con grande éxito, está inspirada nunha historia dun xornal, que a autora nutriu coas súas propias experiencias da nenez, a vida rural e as tradicións da Illa do Príncipe Eduardo.
Esta historia sentimental pero encantadora sobre o paso á madurez dunha nena orfa pouco convencional converteuse nun clásico da Literatura Xuvenil e adaptouse para cinema, teatro e televisión.

- Editorial: Hércules ediciones |
- Páxinas: 288 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Senra Ferrer, Raquel |
- ISBN: 978-84-18966-13-2 |