Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Jiménez Aleixandre, Marilar

Unha presa de terra

Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala.

No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e outra vez, un conto popular que suxire maltrato. Novela negra, se por negra entendemos a violencia de xénero que a percorre.

En 2001 Marilar Aleixandre gañou con ela a primeira edición do Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Un texto que Baía recupera agora nunha edición ampliada.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páxinas: 140 |
  • Dimensións: 144x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-9995-389-2 |