Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Oruña, María

O camiño do lume

Arthur Gordon, o pai do mozo de Valentina Redondo, atopa no castelo de Huntly, que acaba de comprar, nun cuarto secreto, unha pista sobre o paradoiro das memorias de Lord Byron, supostamente queimadas hai case douscentos anos, xusto cando a tenente está de vacacións en Escocia. A nova chama a atención da prensa, pero algo horrible vai complicalo todo. Ao tempo, viaxaremos ao Aberdeen do século XIX para coñecer a historia de paixón prohibida e libros entre a moza Mary McLeod, de boa familia, e Jules Berlioz, un libreiro cun pasado difícil, cuxo misterio sobrevive até os nosos días. Na quinta novela de Os libros de Puerto Escondido' María Oruña proponnos unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.
  • Editorial: Aira editorial |
  • Dimensións: 160x220 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: Lorenzo Gil, César |
  • ISBN: 978-84-125593-0-9 |