Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

A PESTE

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, analizando como estes se enfrotan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que, por fin, logran controlala e, daquela, desaparece. Entón o pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda dalgúns seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.
  • Editorial: Positivas |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-124754-0-1 |