Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Dorren, Gaston

Lingo:guia de europa para turistas linguisticos

Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar–non se espallou por Europa a punta de pistola. Tamén viaxaredes a lugares máis afastados, cando exploremos a estraña natureza democrática do noruegués, as tendencias zigzagueantes do neerlandés no tocante ao xénero, as sanguentas batallas libradas por culpa do grego e os orfos lingüísticos dos Balcáns. E, afastándovos aínda máis dos camiños trillados, guiarémosvos ata as antigas reliquias do lituano, o snobismo do sorbio e os desconcertantes xiros do éuscaro.
  • Editorial: Rinoceronte Editora |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-17388-83-6 |