Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Portela, Carlos

A conta atrás (Edición en galego)

Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia —relatada en sentido inverso— se desprega perante o lector.

Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a lectura de A conta atrás preséntase como o remedio perfecto para evitar que se cumpra a máxima de Cicerón segundo a cal “os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila”. Asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, esta novela gráfica preséntase a través dunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra —até agora inédita—, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional que profundiza na xénese e no desenvolvemento deste proxecto.
  • Editorial: ECC |
  • Páxinas: 200 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-19351-82-1 |