A festa equivocada
A festa equivocada é unha escolma da crónica xornalística e persoal que Fran P. Lorenzo foi publicando, durante a década dos dous mil, nas páxinas do diario Galicia Hoxe. A sección de opinión que acolleu estes artigos, Vai de blog, tentaba exportar á prensa escrita a narrativa e o ton das bitácoras virtuais.
?A recusa consciente do poder e do pudor é o fío de unión de todas estas prosas incidentais. Nelas fálase de política e de batallas culturais, fálase de lingua, de diversidade sexual, fálase dos medios de comunicación e fálase ao cabo da vida dun país na encrucillada da historia.
?Semellaba que todo se podía dicir. Até que un día, tras un edicto do Arcebispado de Santiago, aquela ilusión finou, e con ela a celebración do ben supremo que é a liberdade de expresión. Por iso latexa aínda, en cada páxina deste libro, o eco en sordina dunha festa que nunca acaba.
?Os artigos que compoñen A festa equivocada son textos búmerang: migraron da rede ao papel dun periódico e, desaparecido o seu rastro en Internet, volven agora en forma de libro co mesmo afán de dar no albo, de bater, achegando unha lectura reveladora, aguda e lúcida do seu tempo, proxectada no espello dos nosos días.

- Editorial: Rodolfo e Priscila |
- Páxinas: 244 |
- Dimensións: 135x200 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-124562-4-0 |