Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Mera Covas, Roberto

Alejandro Viana

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegara América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego. Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México. Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que,acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra. Roberto Mera narra neste libro a extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó, recuperando para a historia a proeza
  • Editorial: Belagua |
  • Páxinas: 260 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-121433-8-6 |