Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

REGA JUL, IRENE

A malferida

Premio Illa Nova de Narrativa 2022

O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece.

Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade.
É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 212 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-9151-954-6 |