Cando choraron as cíes
O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar Nunca máis. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso. Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 186 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-9151-943-0 |