Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De Toro, Suso

Unha rosa é unha rosa

Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica.
Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomedia
de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 112 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-286-5 |