Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Jaeggy, Fleur

Proleterka

Un grupo de turistas están a piques de embarcar no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Veneciaque iniciará en breve a singradura cara a Grecia. Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescentede quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous hai un distanciamento total, e ao mesmo tempoun vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto. Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobreJohannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobre todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa ignota: a vidacomo experiencia, ata agora só imaxinada dende dentro dos muros do internado.Delicada e precisa,“Proleterka”é unha novela breve sobre a incerteza, o resentimento, a dor familiar e adesconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto, pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoadacos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Sala en 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-19213-17-4 |