Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

AA.VV.

Cómic dos 70 (O lado da sombra)


Textos
Pepe Barro, Xesús Campos, Cordero Fillo, Xosé Díaz, Loquis, Xaquín Marín, Antón Patiño, Reimundo Patiño

Na década dos setenta, unha serie de novos creadores galegos achégase ao cómic atraídos pola liberdade artística e formal que lles proporciona este medio como ferramenta de innovación creativa, experimental e reivindicativa, e tamén polo seu carácter popular. Segundo volume do proxecto O lado da sombra, Cómic dos anos 70 concibiuse co obxecto de resaltar a importancia do cómic no debate artístico e cultural na Galiza dos 70, a través da obra de destacados autores como Reimundo Patiño ou Xaquín Marín, entre outros.
  • Editorial: Fundación Luis Seoane |
  • Páxinas: 240 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-609-7527-4 |