Segredos soterrados
O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 120 |
- Dimensións: 135x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-334-3 |