Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

COMEZAR POLO NENO

“Comezar polo neno” é un dos libros máis políticos de Mario Lodi, un mestre que creu na innovación educativa, no poder liberador da educación e na democratización da escola. Publicado por vez primeira en 1977, é o texto fundamental da súa actividade pedagóxica e continúa a ser referencia para unha reflexión sobre a relación entre os nenos e a escola. Lodi trasládanos a súa observación atenta sobre o modo de pensar e aprender dos nenos e nenas a partir da aula como lugar de intercambio, formación e confrontación. Defensor dun modelo escolar en que se potencien as capacidades expresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamento reflexivo e os valores democráticos, esta obra servirá de acicate para quen quere seguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseada en valores como a solidariedade e a cooperación, na que cada neno e nena poidan desenvolver as súas propias actitudes e intelixencias, así como as súas habilidades expresivas e creativas.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 260 |
  • Dimensións: 150x215 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Soto, Isabel |
  • ISBN: 978-84-1343-229-8 |