
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A miña amiga invisible
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súas colmeas; a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máis intelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 144 |
- Dimensións: 135x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-408-1 |