Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

SOUZA,CLAUDIA | ZILBERMAN,IONIT

DENTRO DESTE LIBRO VIVEN DOUS CROCODILOS

Un conto sobre
como superar
os medos,
ilustrado dun
xeito fascinante
Escrito pola psicóloga infantil e recoñecida
autora brasileira Claudia Souza e ilustrado
marabillosamente por Ionit Zilberman con páxinas
que semellan cobrar vida.
Traducido por Quique Alvarellos. Supervisado por María Reimóndez
FICHA TÉCNICA 32 pp. 21 x 25 cm. PVP: 16 €
ISBN GAL: 978-84-18567-47-6 ISBN ESP: 978-84-18567-48-3
Capa dura. Cosido con fío vexetal. Impreso en papel ecolóxico.
[email protected]
981 522 137
TEXTO CONTRACAPA
Póñenche medo as cobras? E os tiburóns? E que
me dis da escuridade, ou das alturas, ou dos sitios
pechados? Eu non lle teño medo a ningunha destas
cousas, pero o que si me estarrecen son os crocodilos
que viven neste libro. Ti teslles medo aos crocodilos?
Neste conto asexan dous enormes. Son os animais
máis arrepiantes do mundo.
ARGUMENTO
O protagonista do conto ten medo aos crocodilos e
dous deles, enormes, asexan dende dentro do mesmo
libro. A el non lle pon medo case nada, nin a escuri-
dade, nin os tiburóns, nin os sitios pechados ou soli-
tarios... Só teme os crocodilos. Pero axiña descubrirá
que as persoas somos máis fortes e meirandes ca os
nosos temores, e que este medo que el sente, axiña
marchará.
CLAVES PARA A LECTURA
O medo está presente na infancia de todas as per-
soas... Ese medo que asusta mais tamén fascina.
Un pode poñerlle medo a calquera cousa.
A que lle temos medo? Como enfrontarse a ese medo?
Podemos espantalo? Tamén iremos descubrindo que
esas cousas que nun principio nos dan medo, axiña
tornarán en insignificantes.
As ilustracións, pola súa banda, resultan fascinantes:
parece que queren fuxir do papel e converterse nunha
fantástica película de animación.
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 210x250 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: ALVARELLOS CASAS, HENRIQUE |
  • Ilustración: Ionit Zilberman |
  • ISBN: 978-84-18567-47-6 |