Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

INÉS MOSQUERA

Nonmeesquezas

“Nestes versos de Inés, somos testemuñas da longa viaxe, da intensa peregrinación que emprende para deixar marchar o loito dun destes desapegos e atopar abrigo no afastado, no, a priori, descoñecido. É unha viaxe física, visceral, que atravesa Europa ata alcanzar as lombas romanesas, os horizontes fríos de cor dourada e os arumes xitanos de biscoito de manteiga ou fume de pipa; asemade, tamén participamos noutra viaxe, desta vez poética, que ten comezo na esfiañada feitura do seu corazón, feble e esmorecido, e agarda rematar, quen sabe se así ha de ser, no tan desexado sosegó”.
  • Editorial: Medulia |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-19438-73-7 |