A TERRA LEVE
María afronta o seu derradeiro alento atada a unha anguria provocada polo medo a esquecer a súa vida. Durante moito tempo, non é capaz de tocar o seu piano, nin sequera de contar a verdade aos seus achegados, pero unha visita imaxinaria evoca nela a vontade de reconstruír o seu pasado e acadar, por fin, a tranquilidade que sempre procurou. Unha carta inacabada, algunhas pantasmas, os fillos enfrontados e a fe perdida son os alicientes perfectos para que a protagonista desta historia recupere a posibilidade de perdoarse a si mesma, após unha vida infinda de paixóns frustradas.
- Editorial: Medulia |
- Páxinas: 112 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19438-79-9 |