Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia)
Na metade dos anos cincuenta unha aventureira británica desembarca nun porto galego á percura de novas experiencias. Nina Epton non sabía que ía facer a máis fantástica crónica de viaxes por Galicia, un país a medio camiño entre o pasado e a necesidade de ter futuro. Coñeceu e tratou a ilustre xeración sobrevivente do Partido Galeguista, interpretou a xente do país como ninguén, entrou na paisaxe, nas texturas e nas cores. No principio e no final desta obra deixou escrito: "moito do feitizo de Galicia é indescriptible".
- Editorial: Ir Indo |
- Páxinas: 317 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: ANTÓN FERNÁNDEZ, ANTONIO |
- ISBN: 978-84-7680-150-5 |