Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Alonso Seisdedos, María

JERMAINE, AS

O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.

Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cubeta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada que é o futuro.

A illa de Aruba, Rotterdam e Galicia son os escenarios sobre os que van pairando toeiros de misterios en que se contén o verde dun mar avolto herdado e que cando rebentan só dispersan tebras e máis tebras.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 164 |
  • Dimensións: 149x231 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-198-7 |