Arquitectura moderna y turismo, 1925-1965
A Fundación DOCOMOMO Ibérico celebrou o seu IV Congreso en Valencia en Novembro de 2003 baixo o título «Arquitectura moderna e turismo: 1925-1965». Os contidos deste seminario articuláronse en torno á arquitectura do turismo e do ocio do Movemento Moderno desenvolvidas en España e Portugal entre 1925 e 1965. Con iso abordouse un capitulo primordial no desenvolvemento da sociedade moderna e un importante campo de ensaio da arquitectura e o urbanismo do Movemento Moderno. Infraestruturas turísticas (colonias e cidades de vacacións, casas de veraneo e hoteis, estacións termais e de esquí, cámpings e urbanizacións), instalacións deportivas ligadas ao tempo de vacacións, lugares de paseo, de recreo e de descanso, desenvólvense como os novos espazos da colectividade.
- Editorial: COAG |
- Páxinas: 236 |
- Dimensións: 210x300 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-609-2997-0 |