Indolente
Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e de subministración eléctrica. Nora lembra agora aquela situación límite, mentres intenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para chegar a Santiago canda a súa muller e as súas fillas cos equipos de urxencia que lles poden salvar a vida. Mais a viaxe non será doada. Alberto Mancebo crea unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante para enfrontarnos a unha historia de ameazas climáticas que sitúan os personaxes nun escenario agónico e ante a necesidade de se decidiren entre a solidariedade ou a supervivencia individual.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 152 |
- Dimensións: 155x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-571-2 |