Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

FERNÁNDEZ LORENZO, RAFAEL

As pedras verdes

Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxe repleta de emocións e aventuras, onde a maxia, o folclore e a realidade se mesturan con marabillosas paisaxes e algún romance secreto. Todo baixo a atenta mirada do exuberante Amazonas, que flúe libremente esparexendo a vida alá por onde pasa.

En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é «unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais».
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 140x215 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-582-8 |