Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Maceiras, Andrea

O corvo sobre a neve

Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur.
Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, cando a nai e o irmán pequeno desaparecen sen deixar rastro, vese na obriga de fuxir canda o pai ata o límite da Zona Vedada. A súa única guía será un corvo creado coa chamada Tecnoloxía Eterna e sete libros antigos e obsoletos que detesta.
O que Dryas non sabe é que alguén os busca na distancia.
Nin que os segredos poden deixar cicatriz.
Tampouco que, algunhas veces, a literatura é a única salvación posible.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 240 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-729-7 |