
Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
A máis recóndita memoria dos homes
Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a través dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron. Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia a Arxentina; de Ámsterdam ao Senegal, mais tamén como un canto ao poder das letras para cambiar as nosas vidas e estiñar a dor, como un canto moi fermoso á vida, aos seus segredos e á súa fugacidade. Como unha profunda reflexión sobre a relación entre as culturas africanas e a Europa que as colonizou. Premio Goncourt 2021 agora en galego.
- Editorial: Aira editorial |
- Páxinas: 412 |
- Dimensións: 130x210 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Alonso Seisdedos, María |
- ISBN: 979-13-990546-2-0 |