Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

A HISTORIA DE BRAVA PANADEIRA

Brava, unha simpática cadela do refuxio, só ten dous defectos coñecidos: roubar todo o pan que ulisca preto dela e saír lixeira tras as furgonetas que o reparten. Aínda así, Lira e os seus fillos, Alba e Xullo, queren adoptala. Por iso, cando o rapaz máis listo do mundo co nome do mes en que naceu abre os brazos para acollela, Brava lámbelle o nariz coma se fose un xeado mentres o seu rabo peludo abanea dun lado para outro. E aquí comeza esta historia.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-735-8 |