A vida a arder
Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto
Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escritos cun estilo directo e seco, onde hai espazo para o poético e o reflexivo, atopamos vidas urbanas condicionadas pola denominada Gran Recesión, onde a incerteza existencial parece traspasar tamén o eido afectivo e laboral.
Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.
Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 202 |
- Dimensións: 150x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-507-7 |