Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

FAJARDO, MONTSE

Caídas. Achegamento ao Patronato de Protección a la Mujer en Galicia

Como sinala o título, Caídas  (VI Premio Xohana Torres, modalidade de Ensaio) é un achegamento ao funcionamento en Galicia do Patronato de Protección a la Mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucións relixiosas a miles de mozas por térense afastado do modelo único de nai e esposa imposto pola ditadura, ademais de someter a un estrito control moral toda a poboación. Malia ser unha das expresións máis crueis e lonxevas da ditadura, o Patronato segue sendo un gran descoñecido ou, o que é aínda máis grave, mantendo a pátina de institución benéfica na que abnegadas monxas coidaban rapazas que se afastaran do bo camiño. A realidade é ben distinta e amosa un calvario de explotación laboral e vexacións amparado pola Igrexa e as familias adeptas ao réxime, que deixou nas internas graves secuelas psicolóxicas. Este traballo é unha homenaxe a todas esas mozas: ás sobreviventes e as que acabaron botándose por unha fiestra para fuxir da institución e das lembranzas que aínda hoxe perseguen a quen padeceu a barbarie do Patronato.
  • Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade |
  • Páxinas: 147 |
  • Dimensións: 130x190 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-10142-33-6 |