Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

As cousas polo nome

«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non
quere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo
para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia».
Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e,
apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto
de silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foi
unha testemuña pasiva da violación.
As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novela
retrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequena
localidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre os
segredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde impera
a xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nada
perturba a orde patriarcal.
As cousas polo nome tivo unha excelente acollida, até o punto de que
estivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisión
pública suíza. A crítica loa sobre todo a capacidade da autora de
construír e narrar historias entrelazadas que poderían lerse como relatos
independentes que iluminan desde diferentes perspectivas unha violación
silenciada durante décadas.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 182 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ARAUJO, LAUREANO |
  • Ilustración: Michel Suárez |
  • ISBN: 978-84-8487-743-1 |