Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

ANNE DERENNE

Perigo, hai un lobo no bosque!

Unha nova e divertida aventura ilustrada que desafía os nenos e nenas máis valentes. 
Aviso para quen lea este libro: no bosque hai un terrible lobo feroz! Con esta peculiar advertencia comeza o novo álbum de Anne Derenne, unha historia chea de humor e ironía que reta os máis pequenos a vivir unha trepidante aventura atraídos polo desexo do prohibido. 
Como en Patas arriba, o libro interpela continuamente as lectoras e os lectores animándoos a descubrir os simpáticos personaxes que habitan o bosque e que se ocultan tras arbustos, pedras ou árbores.  Pero, coidado! Nada é o que parece. Serán tan valentes como para pasar todas as páxinas? Nese caso, agarda por eles un sorprendente e inesperado final.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 205x250 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
  • ISBN: 978-84-1343-450-6 |