Cinema

Viaxa ao Festival de Venecia co 27 Times Cinema

Tes entre 18 e 25 anos? Manéxaste ben en inglés? Gústache o cinema e dáseche ben comunicarte por redes sociais? Se cumpres estas condicións manda xa a túa candidatura ao 27 Times Cinemas e optarás a viaxar cos gastos cubertos ao Festival de Venecia como xurado da sección Giornati degli Autori. Tes até o 27 de marzo!

Por sexto ano consecutivo, o Cinema NUMAX é unha das salas do Estado designadas por Europa Cinemas para a selección da persoa que represente a España no 27 Times Cinema. Esta iniciativa leva máis dunha década brindando a mozos e mozas de todos os países da Unión Europea a oportunidade única de participar desde dentro dun dos festivais máis prestixiosos do mundo.

Desde NUMAX faremos unha selección previa de 3 das candidaturas recibidas que remitiremos a Europa Cinemas para a selección definitiva. Os criterios a valorar no proceso de selección son:

  • Ter entre 18 e 25 anos (ambos incluídos) e ser unha persoa apaixonada polo cinema
  • Ter habilidades comunicativas e manexo en redes sociais (Facebook, Instagram, Youtube, TikTok)
  • Boa capacidade de redacción en artigos e blogs
  • Ter aptitudes para a realización de podcast, edición de vídeo e fotografía e outras habilidades para participar nas campañas de comunicación da sección.
  • Bo manexo do inglés, especialmente escrito e falado, para participar activamente nas discusións e mesas redondas

Como presento a miña candidatura?

1) Grava un video falado en inglés no que expliques que é para ti Europa, comezando pola frase Europe for me is... O vídeo durará 30 segundos, debe estar gravado en alta resolución (1920x1080) e nel debe ser visible o nome da persoa candidata e país de orixe. Valorarase a calidade e creatividade do vídeo
2) Cubrir o formulario de inscrición e descargar o pdf coas respostas. Todas as respostas deben ser completadas e os formularios incompletos non serán tidos en conta: https://form.jotform.com/EuropaCinemas/27TC-application-form-2023
3) Enviar por wetransfer o vídeo xunto co formulario de inscrición en pdf ao correo [email protected]

Prazo de envío de candidaturas: Até o luns 27 de marzo incluído.

Finalizado este proceso o Cinema NUMAX preseleccionará 3 persoas candidatas e Europa Cinemas será a encargada de elixir a persoa que represente a España no 27 Times Cinema. A embaixadora designada comprometerase a:

  • Estar presente en Venecia do martes 29 de agosto ao domingo 10 de setembro (a viaxe e o aloxamento serán costeados por Europa Cinemas e o Parlamento Europeo).
  • Ser membro do xurado da sección Giornate delgi Autori. O Festival de Venecia encárgase de costear e proporcionar unha acreditación de acceso prioritario ás sesións.
  • Participación nas mesas redondas, masterclasses e obradoiros desenvolvendo así as túas capacidades comunicativas
  • Achegar contidos á web e redes sociais de Europa Cinemas.
  • Ser embaixador activo do LUX Audience Award durante os eventos organizados en España logo do Festival de Venecia.
  • Participar dos eventos relacionados co LUX Audience Award (de setembro a maio) e axudar a comunicalo e promocionalo.
  • Estar dispoñible para participar na selección dos premios LUX 2024 que terá lugar entre xuño e setembro (1-2 días)

A que esperas para anotarte? Agardamos a túa candidatura!

Organizan Europa Cinemas, Parlamento Europeo, Giornate degli Autori, LUX Film Prize, Cineuropa e o Cinema NUMAX