Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación de «A caligrafía das espigas» de Carlos Negro

Carlos Negro presenta A caligrafía das espigas (Apiario) o xoves 4 de decembro ás 19h na Libraría NUMAX. O autor estará acompañado pola escritora Rosa Aneiros e a editora Antía Otero. A entrada é libre ata completar aforo.

En palabras de Carlos Negro: “Aínda que na orixe do texto resulta ineludible a experiencia da morte, o libro invoca unha resurrección, maniféstase como ofrenda e trata de ser un ensalmo para que a voz se abra á marabilla, a un asombro que entra polos cinco sentidos e que fai do universo unha algarabía onde conviven merlos e burros no mesmo trazo”.

Carlos Negro é profesor de Lingua e Literatura Galega no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); autor de textos poéticos como as laranxas de alí babá, Far-west, Héleris, Cultivos transxénicos, Makinaria e Penúltimas tendencias ou tamén de Abelcebú, un dicionario de carácter satírico. Actualmente, forma parte dos consellos directivos da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e da CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) e colabora, con artigos de opinión, nos xornais dixitais Praza Pública e Sermos Galiza.