A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Aquí yace el corazón» con Lucía Miranda Morla
A traductora Lucía Miranda Morla presentará o libro Aquí yace el corazón (Mundos Flotantes), unha autobiografía da poeta, dramaturga e deseñadora de moda Mercedes Acosta, o vindeiro mércores 27 de novembro ás 19h00 na Libraría NUMAX. No evento estará acompañada da poeta e editora Pilar Astray e da poeta Branca Novoneyra.
Aquí yace el corazón garda nas súas páxinas, como nunha urna, o traxecto vital e espiritual da poeta, dramaturga e deseñadora de moda Mercedes de Acosta (1892-1967). Estas memorias, publicadas en 1960 e por fin traducidas ao castelán, son unha audaz testemuña dunha muller que desafiou as convencións do seu tempo e viviu intensamente.
Coñecida como a gran amante de Hollywood, son lexendarias as súas intensas relacións con grandes estrelas como Greta Garbo, Isadora Duncan e Marlene Dietrich, entre outras. Mulleres ás que admirou e amou, e que viaxan xunto a ela polas páxinas da súa autobiografía. Este libro é historia do cinema para comprender o Hollywood da idade de ouro, os seus segredos e todo o que sucedía para as persoas LGTBQ+ nuns anos de disidencia, activismo clandestino e loita polo sufraxio feminino.
Descendente da Casa de Alba, Mercedes soubo moverse nos círculos artísticos e literarios de Nova York e París. Escribiu poesía, novela e obras de teatro, e foi guionista en Hollywood. Aquí yace el corazón é unha apaixonante viaxe humana e espiritual pola arquitectura dun Nova York que xa non existe; a rebeldía e o descaro dos tolos anos vinte; a época dourada de Hollywood, esa fábrica de soños tan bela como cruel; a India mística na procura da súa eu interior, a Cuba pre e post revolución, ou a abatida Francia da segunda posguerra. Unha muller que afirmou que lle podería quitar calquera muller a calquera home e que só se podía confiar na poeta e na mística.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Bird
VOSG
-
-
As margaridas
VOSE