Libraría

Aitor Romero Ortega presenta o libro «El arte de escribir de pie» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acollerá o próximo venres 10 de novembro a las 20h00 a presentación do libro «El arte de escribir de pie» do autor Aitor Romero Ortega editado por Candaya. No acto, o autor estará acompañado polo investigador, docente e crítico literario Armando RequeixoA entrada é libre ata completar aforo.

El arte de escribir de pie é un libro de viaxes que, a través de oito crónicas con un claro fío condutor, traza unha historia persoal da enfermidade viaxeira, dende a Roma do Grand Tour, ao Benidorm actual como paradigma do desprazamento posmoderno e do turismo low-cost. Aitor Romero condúcenos por lugares como Lisboa, Tánger, Madrid, Irlanda do Norte, a América icónica do cine ou Barcelona a través de pezas que se inician como crónicas para mutar despois en ensaios culturais, en relatos de non-ficción ou incluso en textos autobiográficos que, de tanto mirar cara fóra, terminan mirando cara dentro.

Partindo de clásicos da crónica sobre o lugar como Stendhal ou Sterne, ata outros autores contemporáneos como Vila-Matas, Solnit ou Foster Wallace, esta é tamén unha indagación sobre os xéneros híbridos da prosa que parecen fundirse entre eles e con outros constantemente ata construír unha única escritura transversal. A través de disciplinas como o cine, a literatura, a música, o urbanismo ou a historia, Aitor Romero fálanos da necesidade de saír da casa e de extraviarse como fórmula para acadar algún tipo de coñecemento.  

Aitor Romero Ortega naceu en Barcelona en 1985. Estudou Enxeñería Industrial entre Barcelona e Lyon. Dende 2012 vive en Madrid. É autor da novela Deflagración (2015) e do libro de contos Fantasmas de la ciudad (Candaya, 2019). Colaborou con crónicas e ensaios en revistas culturais e de viajes como Altaïr Magazine, Negratinta ou Culturamas.