Libraría

A escritora Belén Gopegui visita a Libraría NUMAX

venres 25 de marzo ás 13:30 do mediodía a escritora Belén Gopegui estará na Libraría NUMAX para realizar un encontro co público e unha firma de exemplares do seu último libro Existiríamos el mar. Esta é unha actividade aberta e non precisa de inscripción previa. Foto: Marta Calvo.

Na súa visita a Galicia, a escritora madrileña Belén Gopegui pasará pola nosa libraría para firmar exemplares dos seus libros e para un pequeno encontro co público que se queira achegar a NUMAX o vindeiro venres 25 de marzo ás 13:30 do mediodía. A autora tamén pasará o día antes, xoves 24 ás 18:00h, polo Consello da Cultura Galega onde impartirá a charla "Por que nos conta o que nos contan? É vostede normal? Normalidades e disidencias na pospandemia". 

Para asistir á firma na Libraría NUMAX non é preciso inscripción previa. 

Belén Gopegui naceu en Madrid en 1963. É unha das autoras de referencia na narrativa dos últimos vinte anos en España. Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, axiña abandonou a idea de ser avogada para comezar o seu traballo literario escribindo para diversos medios. En 1993 publica a súa primeira novela La escala de los mapas que colleita un enorme éxito de crítica e público. Seguinlle, entre outros títulos, Tocarnos la cara (1995), La conquista del aire (1998), Lo real (2001), El lado frío de la almohada (2004), El padre de Blancanieves (2007) y Deseo de ser punk (2009). A editorial Penguin Random House publicou Acceso no autorizado (2011), El comité de la noche (2014), Quédate este día y esta noche conmigo (2017) e Existiríamos el mar (2021). A súa narrativa caracterízase polo coidado na linguaxe e polo retrato sen concesións da realidade que nos tocou vivir, que a miúdo apela ao lector a revisar a súa ubicación e compromiso coa sociedade da que forma parte. Belén Gopegui é autora de novelas, obras de teatro e ficción xuvenil, e varios dos seus libros foron adaptadas ao cine.