Christo Casas presenta o libro «Maricas malas» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acollerá o xoves 16 de novembro ás 20:30h a presentación do libro de Christo Casas, «Maricas malas. Construir un futuro colectivo desde la disidencia», editado por Paidós. No evento estará acompañado polo biólogo, antropólogo e responsable da organización AvanteLGBT+, Xandre Garrido. A entrada é libre ata completar aforo.
«Pero, se xa podedes casarvos, que máis queredes? Que se pode desexar máis aló de formar unha familia produtiva, traer novos traballadores e traballadoras ao mundo, obter algunha rebaixa fiscal e asegurarse de que, ao morrer, será o sangue do noso sangue a que herde o pouco que acumulastes coa vosa suor? Seica hai algo mellor que a ansiada, reivindicada e ao fin conquistada normalidade?
A quimera da normalidade, entendida como unha maneira concreta de consumo, converteuse nun obstáculo para as loitas sociais e de clase. O desexo de asimilarse a aquilo «normal», de pasar desapercibidas, silenciou no debate as disidencias e os modos de vida afastados do sistema produtivo e reprodutivo capitalista. En contraposición, deberiamos poder reivindicar máis que nunca outros modos de vida que conviden a toda a sociedade a transformarse desde as marxes, a amariconarse, a revolucionar os afectos, os coidados e, tamén, os praceres. Unha vía alternativa, un horizonte colectivo que non descarte as realidades discordantes cunha sociedade cuxo epicentro é a familia nuclear e cishetero.
Christo Casas, xornalista e antropólogo, presenta en Maricas malas un texto a medio camiño entre o ensaio e o relato persoal no que descubriremos que as loitas queer son unha reivindicación que nos implica a todas as persoas da sociedade, unha verdadeira contenda social e de clase para construír un futuro colectivo desde a disidencia. Un ensaio lúcido que constitúe unha verdadeira invitación a toda a sociedade a mergullarse nas súas propias prácticas disidentes e a enorgullecerse delas.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE