Libraría

Club de lectura: «As tolas que non o eran» con Carmen V. Valiña

O luns 27 de outubro ás 19:00h celebrarase na Libraría NUMAX un club de lectura arredor de As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936 (Galaxia) coa autora, Carmen V. Valiña. A actividade é de balde previa inscrición.

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.

As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.

En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.

Inscripción Club de lectura As tolas que non o eran: pincha aquí

Esta actividade conta co apoio da Federación de Librarías de Galicia e a Xunta de Galicia.

A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no clube de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX.