Dolores Vilavedra e Kathleen March presentan «8 ensaios sobre Rosalía» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de 8 ensarios sobre Rosalía (Galaxia) o xoves 5 de marzo ás 19:00h con Dolores Vilavedra e Kathleen March. A entrada é libre ata completar aforo.
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego, e por extensión, tamén da súa sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección, recupera os 7 ensaios sobre Rosalía, publicados por Galaxia en plena posguerra, e que dan testemuño da persistencia de Rosalía de Castro na memoria cultural galega, un fenómeno que ilustra o principio xeral de que o pasado é un asunto do presente. Aos ensaios orixinais incorpórase un oitavo, obra da poeta, investigadora e profesora Maria do Cebreiro Rábade Villar.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
El verdugo
VO
-
-
O axente secreto
VOSE