Cinema

Encontro con Pilar Monsell e Cátia Salgueiro á volta de «África 815»

Con ocasión da estrea en NUMAX de África 815 organizamos un encontro coa súa directora, Pilar Monsell, este sábado 12 de decembro ás 19:45. Estará acompañada pola profesora de cinema, guionista e programadora Cátia Salgueiro, con quen manterá un coloquio aberto ao público logo da proxección do filme.

«El primer largometraje de Pilar Monsell se enfrenta en forma de diario familiar, de conversación entre padre e hija, a ese espacio roto de nuestra historia a través de la singular vida del padre de la realizadora, quien rememora sus estancias en África, primero como soldado en el servicio militar franquista, y luego como visitante ocasional, como turista en busca de algo más que paisajes. La biografía, que el padre no busca ocultar, que él mismo ha escrito en unos diarios que lee para la cámara, revela la vida de un hombre que nunca escondió su homosexualidad, que tuvo una familia acorde a las normas de la época, pero mantuvo vivas sus pulsiones y deseos a base de viajes a esa colonia, o ex-colonia, convertida para él en un espacio de libertad y reconocimiento de su alteridad negada. Y así la película se enfrenta a dos tabúes, a dos realidades negadas de nuestra historia, una sobre la otra, y África como patio trasero en el que la colonia desahoga aquello que no acepta en público.»

Valémonos das palabras coas que Gonzalo de Pedro se refire á África 815 para convidarvos a continuar o diálogo que abre o filme nesa intersección entre o íntimo e o histórico. O de Monsell, ao cabo, é un filme que invita a falar tanto dentro como fóra da propia metraxe, e nada mellor que contar coa propia autora para facelo. O coloquio terá lugar logo da proxección do sábado 12 de decembro ás 19:45 e xa podedes reservar as vosas entradas na nosa billeteira virtual.

O primeiro traballo de Pilar Monsell como directora, Distancias, estréase e recibe o Premio do Público no 49 Festival dei Popoli 2008 (Florencia), percorrendo posteriormente numerosos festivais internacionais. No 2009, incorpórase ao Laboratorio de Creación de Play Doc – Festival de Documentais de Tui para participar na dirección dun retrato filmado realizado entre 2009 e 2013. En 2012 remata a curtametraxe Pan, Trabajo y Libertad, estreada ese mesmo ano no Doc Lisboa, e colabora tamén co proxecto colectivo 100jours, para o que realiza a peza +46. África 815 é a súa primeira longametraxe, que chega a NUMAX tras un exitoso tránsito por festivais internacionais como o Doc Lisboa, Cinéma du Réel ou L'Alternativa de Barcelona, onde vén de recibir o Premio Panorama.

Cátia Salgueiro é profesora de cinema na Escola Superior de Educação, guionista de numerosas obras de animación, ficción e documental, e foi programadora habitual nas últimas edicións do Festival Internacional Doc Lisboa.