Libraría

A escritora arxentina Mariana Enriquez visita NUMAX

A sala de cine de NUMAX acollerá o encontro ca raíña da literatura de terror arxentina Mariana Enriquez. Na súa visita, que terá lugar o próximo mércores 13 de xullo ás 18h00, a escritora estará acompañada pola docente e investigadora Marta Pérez Pereiro. As reservas para asistir ao encontro están completas pero a partir das 19:30 haberá firma de libros aberta ao público no espazo de libraría.

A visita de Mariana Enriquez a NUMAX enmárcase dentro dunha xira por Galicia para presentar Bajar es lo peor, a súa primeira novela recentemente publicada en España na editorial Anagrama. A autora tiña só 19 anos no momento do seu debut, a novela, publicada orixinalmente en arxentina en 1995, conta a historia de tres adolescentes que se asoman ao abismo das drogas, destrución e amor, situándose no Bos Aires nocturno, sórdido e vibrante dos anos 90. Bajar es lo peor é unha obra de xénero que combina o terror coa fascinación adolescente pola noite e que tamén ten unha dose forte de carga política. Ademais permite coñecer ás orixes da súa escritura e do seu universo literario. Como apuntan dende Anagrama: "é unha novela vampírica sen vampiros e unha novela gótica sen castelos embruxados, cargada dun malditismo con ecos de Baudelaire e Rimbaud, e cunha banda sonora de rock underground, dark e punk. É un cruce entre Mi Idaho privado de Gus Van Sant e Entrevista con el vampiro. E é, por enriba e todo, unha fascinante historia de adolescentes convertidos en anxos caídos, na que se entrecruza a morte e a beleza". 

O encontro en NUMAX con Mariana Enríquez acompañada pola xornalista e investigadora Marta Pérez Pereiro, que terá lugar o mércores 13 de xullo ás 18h00 na sala de cinema, servirá para facer un repaso por toda a súa obra e as súas obsesións e referentes literarios e cinematográficos, dende as súas compilacións de relatos, ao seu libro Alguien camina sobre tu tumba: Mis viajes a cementerios ou á novela Nuestra parte de noche coa que gañou o Premio Herralde de novela en 2019. A entrada para asistir é gratuíta até completar aforo. As reservas para asistir ao encontro están completas pero a posteriori haberá firma de libros aberta ao público no espazo de libraría.

Se non podes asistir ao encontro e queres ter o teu exemplar firmado lembra que podes mercar o libro en tenda (físicamente) ou a través da nosa web (https://numax.org/libraria) indicándonos que queres que cho adique no apartado de “Información para a recollida do pedido”. 

Mariana Enriquez tamén visitará as librarías Moito Conto (11 de xullo), Libraría Trama (12 de xullo) e a Libraría Paz (14 de xullo).

Mariana Enriquez (Bos Aires, 1973) é xornalista, subeditora do suplemento Radar do diario Página/12 e docente. Inscrita dentro do grupo da chamada "nova narrativa arxentina", Enriquez logrou un grande éxito coas súas novelas e contos dentro do xénero do terror. Como escritora, publicou a súa primeira novela, Bajar es lo peor, editada en España por Anagrama neste 2022. Nesta mesma editorial ten publicadas tamén a novela Nuestra parte de noche (Premio Herralde de Novela e Premio da Crítica 2019); as coleccións de contos Los peligros de fumar en la cama e Las cosas que perdimos en el fuego, publicada en vinte países e galardoada en 2017 co Premi Ciutat de Barcelona na categoría «Literatura en lengua castellana». Tamén as crónicas de Alguien camina sobre tu tumba: Mis viajes a cementerios e o perfil La hermana menor, un retrato de Silvina Ocampo. [Imaxe: Nora Lezano].