Libraría

Eva Veiga presenta «Soño e vértice» na Libraría NUMAX

A escritora e actriz Eva Veiga, acompañada do Grupo Ouriol e o escritor Armando Requeixo, presenta o seu último libro Soño e vértice, co que vén de gañar o Premio de Poesía Concello de Carral na súa XVIII edición. O acto terá lugar o xoves 29 de setembro ás 20:00.

O xurado destacou de Soño e vértice, editado por Espiral Maior, a «intensidade simbólica da súa proposta poética, unida ao cultivo extremo dunha lírica que mantén en todo momento unha tensión entre o real e o onírico.» Eva Veiga conta cunha importante obra poética dentro da que se atopan Fuxidíos, Paisaxes do baleiro, A pedra insomne, A luz e as súas cicatrices, Desconcerto, Poemas do Eume, A frecha azul do teixo, Nesta hora imposible, Silencio percutido e A distancia do tambor (Premio Fiz Vergara Vilariño en 2014).