Gemma Ruiz Palà presenta «Una mujer de tu edad» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Una mujer de tu edad (consonni) de Gemma Ruiz Palà o xoves 16 de abril ás 19:00h. A autora estará acompañada pola xornalista Ana G. Liste. A entrada é libre ata completar aforo.
Un día, a protagonista desta historia di basta. Despois de anos cumprindo co papel que se esperaba dela —esposa exemplar, nai abnegada, ilusións gardadas nun baúl— decide que a segunda metade da súa vida será radicalmente distinta. Vaise da casa, os fillos danlle as costas, retoma a súa vocación de escultora e, contra todo prognóstico, é invitada a expoñer na Bienal de Venecia. Alí, na cidade máis tópicamente romántica do mundo, redescubre o desexo, a liberdade e o pracer de existir sen pedir permiso.
Gemma Ruiz Palà (Sabadell, 1975) é xornalista e escritora. Traballou en Televisión de Catalunya como cronista cultural, redactora xefe e subjefa de Informativos. En 2016 publicou en català Argelagues (Aulagas, consonni, 2025), a súa primeira novela, que se converteu nun fenómeno literario. Catro anos despois, a novela Ca a Wenling consolidouna entre os lectores. Con Lles nostres mares (As nosas nais, consonni, 2024) recibiu o 62º Premio Sant Jordi de Novela. A súa obra traduciuse ao inglés, ao castelán, ao francés e ao italiano.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Eu créote
VOSE
-
-
Calle Málaga
VOSE
-
-