Libraría

Ismael Ramos, libreiro por un día en NUMAX!

Grazas á iniciativa da editorial Las Afueras traémosvos esta semana á Libraría NUMAX a actividade Libreiro por un día! O escritor e poeta Ismael Ramos uniráse ao noso equipo durante a tarde do xoves 30 de novembro (a partir das 18h00) para recomendar algunhas das súas lecturas favoritas.

O autor dos poemarios Os fillos do fame (Xerais), Lumes (Apiario) e Lixeiro (Xerais) e do libro de relatos A parte fácil (Xerais) que vén de traducir ao español con Las Afueras, é un dos nosos autores favoritos, presentou en NUMAX todos os seus libros e será un pracer telo como libreiro residente, profesión que exerceu durante unha tempada en Wells (Cangas).

Se polo que sexa non podes vir ao evento e queres que o autor che firme o seu último libro, podes encargar o teu exemplar desde a nosa web e nós xa nos encargamos de que o asine. Logo poderás pasar a recollelo cando queiras. :) Agardámosvos!