Juan Meseguer, Alicia Francés e Alberte Branco presentan «Días de una cámara» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Días de una cámara (ECAM) de Néstor Almendros o martes 8 de setembro ás 19:00h cos directores de fotografía Juan Meseguer, Alicia Francés e Alberte Branco. De seguido da presentación, ás 20:00h, proxectarase na sala de Cinema o filme La marquesa de O... (Eric Rohmer) dentro do Foco Néstor Almendros.
Días de una cámara é a tradución do libro Un homme à la caméra, de Néstor Almendros. A obra recolle escritos das súas memorias profesionales como director de fotografía, publicadas orixinalmente en España en 1982 e nunha segunda edición en 1990, ambas esgotadas desde fai xa moito tempo.
En Días de una cámara, o autor ofrece as súas persoais e sinceras reflexións – de carácter técnico, estético e estilístico á vez – sobre cada un dos filmes nos que traballou como director de fotografía. Un itinerario apaixonante por obras da magnitude de A coleccionista, O pequeno salvaxe, A miña noite con Maud, As dúas inglesas e o amor, A marquesa de O..., Días do ceo, Kramer contra Kramer, Xeneral Idi Amin Dada ou A decisión de Sophie.
Juan Meseguer. Como o noso homenaxeado, eu tamén mudei de cidade varias veces, aínda que en contextos moi diferentes e a moitos menos kilómetros de distancia. Tras rematar a miña formación coma técnico superior de imaxe en Murcia (FP) no 2002, fun vivir a Madrid, onde estudiei dirección y guión de documental no Instituto Nacional del Cine. No 2005 múdome para Barcelona. Alí entro no Barcelona Centre d’Imatge para estudar procesos de fotografía analóxica. Ao ano seguinte comezo os meus estudos de dirección de fotografía no CECC (Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya). Dende o comezo da miña carreira estiven alternando rodaxes coma director de fotografía (case sempre no terreo do documental) máis modestos e un pouco fóra da industria cinematográfica con traballos coma técnico de iluminación en rodaxes grandes que me permitían comer e pagar os gastos da vida en Barcelona. A miña primeira rodaxe en Barcelona foi coma doble de luces de Dean Cain na peli Hidden Camera. En 2008 fago a miña primeira viaxe a Palestina con Ramzi Maqdisi para rodar a súa primeira peli (que nunca se estreou). Foi o primeiro de 5 proxectos en Palestina, dos que destacaría Defying my dissability, un documental que montamos con imaxes rodadas entre Ramzi i eu no West Bank e Gaza para unha NGO. Outro proxecto daquela época é Solomon’s Stone, unha curta inspirada nun texto de Hussein Bargouthi que rodamos con apoyo do ICAA que gañou o Mizna Arab Film Festival. En 2012 fago a foto da curta A strada di Raffael, de Alessandro Falco, coa que gañamos en Locarno.
Alicia Francés. Comecei os meus estudos cinematográficos na escola de cine para adolescentes Orson The Kid en 2006, onde rodei como DP a curtametraxe Hoy es mi Cumpleaños, estrenada no 54 Festival de San Sebastián. Posteriormente estudei Direción de Fotografía no Instituto del Cine de Madrid (2010-2012). A miña carreira profesional comeza ese mesmo ano, 2010, e é continua ata a actualidade. Dirixín a fotografía das longametraxes documentais Kiro (María Yáñez) e Hoxe e O Resto do Mundo (Cecilia Díaz). A miña primeira longametraxe de ficción atópase agora mesmo en fase de posprodución, dirixido por Rafa de los Arcos e producido por Matriuska. Durante anos combinei o traballo de operadora en programas de TV e documentais, coa axudantía no departamento de fotografía en producións de ficción. Dende 2020 traballo como directora de fotografía e continúo traballando como operadora e DP de segundas unidades en proxectos como El Caso Asunta (Bambú, Netflix) ou La Bola Negra (Suma Content).
Alberte Branco. Son técnico especialista en operacións de cámara e iluminación pola Escola de Imaxe e Son da Coruña e posgraduado en dirección de fotografía cinematográfica pola Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya. A miña paixón foi, é e será contar historias con imáxes en movemento, tendo a fortuna de poder facer dela a miña profesión, a dirección de fotografía. Na actualidade son membro activo na Asociación Española de Directoras y Directores de Fotografía (AEC) e son académico da Academia Galega do Audiovisual (AGA). Recentemente rematei As Augas (Ledicia Sola, 2025). Algúns dos filmes nos que traballei son A Foreign Song (César Souto, 2023), Ons (Alfonso Zarauza, 2020), Prefiro Condenarme (Margarita Ledo, 2023), Nación (Margarita Ledo, 2020), Arima (Jaione Camborda, 2019), A Estación Violenta (Anxos Fazáns, 2018), Las altas presiones (Ángel Santos, 2014), Os Fenómenos (Alfonso Zarauza, 2014), Dos Fragmentos/Eva (Ángel Santos, 2012), Vilamor (Ignacio Vilar, 2012).
- Hoxe
- Ver máis